Amizades do poeta Bernardino Graña homenaxéano no seu 91 aniversario

A placa que sinala o lugar no que naceu, en Cangas, foi reposta após ser roubada en febreiro deste ano.
Visita á residencia de Bernardino Graña, no centro da imaxe. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Visita á residencia de Bernardino Graña, no centro da imaxe. (Foto: Nós Diario)

O poeta Bernardino Graña (Cangas, 1932) fixo 91 anos esta cuarta feira, 27 de setembro, no centro residencial de Panxón, en Nigrán, no que vive actualmente. E celebrou o aniversario arrodeado das súas amizades, que como adoitan facer cada mes, visitárono para conversar un anaco con el e lembrar vellos tempos; desta volta, se callar, unha visita especialmente emotiva pola data.

A xornada en homenaxe a Graña comezou ben cedo, ao mediodía, no seu concello natal de Cangas (O Morrazo), onde se inaugurou a restaurada placa que sinala a casa na que o prolífico autor naceu hai xa case un século. Fora roubada en febreiro por ladróns do bronce, mais volve ocupar o lugar que lle corresponde coa inscrición 'Mariñeiros de Cangas, meus amios/meus irmáns de salitre e sol e chuva. Bernardino Graña vei ao mundo nesta casa o 27 de setembro de 1932'.

Descuberta da placa na casa natal de Bernardino Graña, en Cangas.-
Descuberta da placa na casa natal de Bernardino Graña, en Cangas.-

E, xa en horario de tarde, os seus amigos desprazáronse até Nigrán (comarca de Vigo) para celebrar con el o seu nada menos que nonaxéximo primeiro aniversario desde a residencia que tornou no seu fogar.

Desta especial xornada de homenaxes participaron e achegaron o seu gran de area o músico Xico de Cariño, a banda canguesa Varalonga —que vén de publicar o disco Sempre mar, con cancións compostas a partir de poemas de Graña— e outros persoeiros destacados do eido cultural local, así como as alcaldesas de Cangas, Araceli Gestido; Moaña, Leticia Santos, e Nigrán, Juan González.

Comentarios