Axenda

Que facer esta fin de semana? Pois de todo un pouco

a_leituga

A leituga

Carballo

Pazo da Cultura 

29.3.2019

21.00h

EME2 Producións visita os Venres Culturais coa comedia "A leituga", unha obra dirixida por Victor Duplá cun elenco de rostros coñecidos capitaneado polo actor Antonio Durán "Morris".

Vermú precario

Compostela

Unitaria

30.3.2019

11.00h

Coloquio sobre cultura e precariedade con Isabel Risco, Alfonso Zarauza, Faia Díaz, Marcos Lorenzo, Goretti Sanmartín Rei, Alonso Caxade, Arantxa Estévez e Samuel Solleiro.

A Coruña literaria

A Coruña

Centro Ágora

30.3.2019

12.00h

Os paseos pola Coruña literaria, iniciativa da AELG, estarán desta volta guiados por Lucía Aldao para perderse co seu Todo isto antes era noite (coruñesa). Previa inscrición.

Sés en concerto

Pontevedra

Teatro Principal

30.3.2019

12.30h

Sés volta cun espectáculo acústico, máis íntimo e directo para traer á Galiza do s. XXI xoias musicais de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...) e de diferentes puntos da Península Ibérica.

#proxectaconstrúe

CGAC

Compostela

30.3.2019

12.30h

No marco da 14ª MICE do Museo do Pobo, Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, organiza unha conversa aberta que aborda a cuestión de xénero nos festivais de cinema. Conducidas por Sabela Mendoza, participarán Ana Domínguez ((S8) Mostra de Cinema Periférico), Andrea Villa (Curtocircuíto International Film Festival), Keka Losada (Festival de Cans), Sabela Cinza (Chanfaina Lab), Sonia Méndez e Ana Dixital (Carballo Interplay), María Ruiz Falcó (FicBueu), Beli Martínez(Play Doc), Cristina Fiaño (Cinema Crianza), Ana Estevez (MICE Museo do Pobo Galego). Será o sábado 30 de marzo ás 12.30 horas no CGAC, Compostela.

Acto central do Día Internacional da Muller

San Sadurniño

Casa da Cultura

30.3.2019

18.00h

No acto proxectaranse curtas do Chanfaina Lab e presentarase a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, as súas funcións e a forma de facer parte dela.

Paloma Suanzes en concerto

Outeiro de Rei

Casa-Museo Manuel María

30.3.2019

20.00h

O espectáculo musical que leva por título “Verbas de Auga” será un concerto íntimo dos que vén dando, nestes últimos anos, esta cantautora de longa traxectoria musical.

Sesión Continua

Vigo

Teatro Afundación

30.3.2019

22.15h

Estrea do novo espectáculo de Bucanero "Sesión Continua", unha comedia de Irmáns da Costa baixo a dirección de Lino Braxe.

Exposición

Lugo

Museo Provincial

Até 31.3.2019

O Museo Provincial de Lugo exhibe unha colección temporal con pezas únicas traídas das covas de Eirós (Triacastela), Valdavara (Becerreá) e Valiña (Castroverde). Unha mostra que se enmarca na II Xornada de divulgación do patrimonio Arqueolóxico lucense e que poderá verse até o 31 de marzo.

Arlequina

Narón

Pazo da Cultura

31.3.2019

18.00h

Teatro infantil da man d’os Monicreques de Kukas con este espectáculo de gran formato que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de monicreques e a maxia coa música ao vivo.

O Sarau do Binho na Galiza

Compostela

Faculdade de Filologia

1.4.2019

12.00h

Os saraus são um espaço único de troca cultural e divulgação literária em diversas comunidades brasileiras.  Na segunda feira, dia 1 de abril, teremos uma oportunidade única para conhecer fora desses espaços este tipo de propostas através da Aula Aberta "Sarau do Binho: Literatura e Leitura na periferia de São Paulo" com o poeta Robinson Padial e a produtora Suzi Soares, um sarau que acontece há mais de 16 anos na periferia paulista. Será às 12h na Faculdade de Filologia (USC).

Comentarios