Simposio en Compostela o 15 e o 16 de novembro

É visíbel a poesía?

A poesía moveuse maiormente nas sombras. Á marxe. Fóra dos focos que alumeraon outros xéneros no centro dos campos literarios. Por veces de maneira voluntaria, por veces non. A estas cuestións dedica a Asociación Galega de Editores un simposio en Compostela os vindeiros 15 e 16 de novembro.
 

.
photo_camera .

XV_SIMPOSIOPOESIA_CARTAZDEFINITIVO_A3

O programa de Poesía, a luz apagada? iniciarase a quinta feira, 15 de novembro, ás dez da mañá, cunha conferencia de apertura a cargo de Yolanda Castaño. A seguir, haberá unha mesa de debate baizo o epígrafe de Da edición á creación. Participarán Paz Castro (Kalandraka), a poeta Antía Otero (tamén editora de Apiario), e os escritores Isaac Xubín e Leire Bilbao.

Na tarde da quinta feira, ás 16.40, Marcus Daniel Cabada (revista Ligeia), Anxos Rial e Celia Parra falarán sobre “novos camiños para a poesía”. O peche da xornada será de Cinta Adhesiva, proxecto poético musical ldierado por Silvia Penas.

Quico Valeiras, da libraría compostelá Chan da Pólvora, Nuria Vil e a poeta Lara Dopazo abrirán, no panel Canles de visualización, a sexta feira, 16 de novembro. Será ás 10.30 horas. Ás 12.00 do mediodía, un recital de Emma Pedreira, María Lado e Movemarcos (dúo de Leo i Arremecághona e Isaac Xubín) tomará o relevo.

O poeta Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Poemar o Mar, acollerá a conferencia de clausura.

“Trátase dun encontro profesional onde se conversará, debaterá e reflexionará sobre a edición e a visibilidade da poesía a través de diversas canles e experiencias”, explican os seus promotores. Todas actividades de Poesía, a luz apagada? -simposio coorganizado polo Concello de Compostela co apoio de Xunta e Cedro- serán no auditorio do Consello da Cultura Galega.

Comentarios