mércores 30/09/20

Cupeiro recupera o “karnix” celta no ciclo Do Audible

O “karnix”, instrumento celta que imitaba o son dos cetáceos, será unha das estrelas de “O canto das baleas”, o concerto do Ciclo Do Audible que terá lugar esta quinta feira día 26  no Museo do Mar de Vigo. 

Cupeiro
Cupeiro

O concerto chámase “O canto das baleas” e o título semella especialmente acaído para un espectáculo no que o músico Abrahan Cupeiro recuperará o karnix, un instrumento celta que imita os sons dos cetáceos. Vertixe Sonora Ensemble contará coa colaboración de Cupeiro para a súa proposta en Vigo do ciclo Do Audible que terá lugar eta quinta feira no Museo do Mar de Vigo ás 20 horas. 

Como unha “experiencia sonora” presentan este espectáculo promovido polo colectivo vigués Vertixe Sonora Ensemble que se acompañará de Abrahan Cupeiro no concerto de Vigo, coa evocación do canto das baleas xorobadas de Australia por medio do singular karnix. 

O programa inclúe obras inspiradas no mar compostas no século vinte que chegan da man do crítico e divulgador de música contemporánea Francisco Ramos.  Debussy en O mar e Ravel en Gaspard de la nuit son algunhas das propostas do concerto.A intervención de  Abraham Cupeiro sorprenderá na interpretación de pezas do compositor canadiano Charles Antoine Fréchette e do arxentino Fernando Garnero.Francisco Ramos, autor de La música del siglo XX será o guía especial deste concerto que xira arredor do mar. 


O ciclo Do Audible comezou a pasada semana en Ourense e terá os próximos espectáculos na Coruña e Pontevedra, sempre arredor dun foco temático co acompañamento da palabra por parte de personalidades do mundo da cultura. 

comentarios