Cortocircuito, Sinsalaudio e o MIT de Ribadavia compiten polo premio do público Culturgal 2015

Até o 21 de novembro está aberto o prazo para se pronunciar sobre cal das tres propostas finalistas é a que consideran mellor. 

Imaxe do Culturgal
photo_camera Imaxe do Culturgal

O Premio do Público Culturgal 2015 institúese coa finalidade de facer público o recoñecemento de proxectos destacados e relevantes para a sociedade e vinculados á cultura galega. Cunha valoración especial para as propostas novidosas, “con proxección de futuro, transversais e asociativas, que se relacionen directamente coa sociedade civil e fomenten a súa implicación”. Culturgal considera que a participación do público é clave para a acción cultural.

O público é quen elixirá a proposta gañadora do premio mediante un sistema de votación por Internet –límite dun único voto por IP- a través dun apartado especial da web de Culturgal. O prazo para as votacións estará aberto até o 21 de novembro ás 00:00 h. E os proxectos sometidos á votación do público son a Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, 'Cortocircuito' Festival Internacional de Cine, e Sinsalaudio.

Comentarios