César Portela recibe a Medalla de Ouro da Arquitectura

O arquitecto César Portela (Pontevedra, 1937) é o novo gañador da Medalla de Ouro da Arquitectura, a distinción máis importante que concede a profesión. Instituida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) no ano 1981, a Medalla de Ouro recoñece o esforzo das persoas e institucións que "ennobrecen o quefacer arquitectónico co seu labor".

Cesar Portela no seu estudio.
photo_camera Cesar Portela no seu estudio.

O arquitecto César Portela (Pontevedra, 1937) é o novo gañador da Medalla de Ouro da Arquitectura, a distinción máis importante que outorga a profesión a nivel estatal. Estabelecida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (Cscae) en 1981, a Medalla de Ouro recoñece o esforzo de persoas e institucións que ennobelecen a obra arquitectónica coa súa obra. 

O xurado valorou a "solidez" da traxectoria profesional de César Portela, "como referente galego das novas xeracións de arquitectos tanto en Arquitectura como en Urbanismo". Así mesmo, destaca o traballo do "arquitecto localista que supera o seu ámbito natal para proxectarse internacionalmente". 

A decana do Colexio Oficial de Arquitectos da Galiza (COAG), Elena Ampudia, destacou que se trata dun gran recoñecemento para un arquitecto de referencia na Galiza no ano do 50 aniversario do COAG, institución da que César Portela foi fundador e primeiro secretario. 

 

"A súa obra serviu e serve de inspiración para as arquitectas e os arquitectos galegos e esta medalla é o recoñecemento a toda unha vida dedicada á arquitectura e á profesión. Desde o seu estudo nunha pequena cidade como Pontevedra, conseguiu converterse nun referente da arquitectura internacional, con traballos presentes en Andalucía, Catalunya, Euskadi, Valéncia e en países como Xapón, Venezuela, Cuba, Alxeria ou Exipto”, sinalou.

Na súa ampla traxectoria destacan obras como a Estación de Autobuses de Córdoba (Premio Nacional de Arquitectura); a Estación Central de València, o Museo de Historia Natural da Galiza; o Pazo de Congresos e Ocio e o Edificio Domus, na Coruña; o Cemiterio Municipal de Fisterra; o Palacio Auditorio Mar de Vigo; o Museo Etnográfico Togamura, en Xapón, ou a Torre de Control de Sharm El-Sheik, en Exipto, entre outros. A entrega da distinción terá lugar o 22 de xuño. 

 

Comentarios