martes 22/06/21

Castrolandín – Cuntis: Un monumento arqueolóxico e paisaxístico

En non máis de 80 quilómetros cadrados, delimitados polas elevacións do Xesteiras, Arcos, Castro Sevil e Cádavo, esténdense as terras de Cuntis. Na vertente oriental do val fica Castrolandín (GA36015009), fortificación que se localiza nas proximidades da entidade de poboación homónima (parroquia de Santa María dos Baños de Cuntis) e a pouco máis dun quilómetro da capital municipal. Nesta, como curiosidade, ergueuse a coñecida Aquae Calidae citada por Ptolomeo e nela, por conseguinte (tal e como sinala Juan Manuel Abascal Palazón) unha importante cidade da auga. A unha altitude de 245 metros sobre o nivel do mar, Castrolandín asexa un val ateigado de testemuños arqueolóxicos de diversas épocas.
Vista aérea de Castrolandín. (Foto: Javier Guerreiro) #castro #castros #castrolandín #cuntis #héitorpicallo #confíndosverdescastrosevalerosoclan
Vista aérea de Castrolandín. (Foto: Javier Guerreiro)
Na memoria de Olimpio Arca Caldas Regadas polos ríos Gallo e Umia, aquel afluente deste, oito parroquias configuran un municipio cuxa xeoloxía está vinculada aos granitos secundarios, ás rochas metamórficas e ás abondosas augas…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios