‘Cartografías da palabra en acción´: unha análise da literatura dramática galega na actualidade

Decorrerá este sábado, 23 de novembro, na Coruña, organizada pola AELG coa colaboración da AS-PG.

Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro

“A Literatura Dramática é un filón de alto potencial, que en Galiza segue a manterse case no esquecemento”. Así se manifestan desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), responsábel da a IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, que se vai realizar este sábado na Coruña, coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.

“Cómpre facilitar, visibilizar, abrir espazos de encontro para compartir eses procesos de creación e para atopar unha complicidade e un diálogo que poida potenciar esas pezas en construción”, sosteñen. A propia AELG explica que nesta xornada “preténdese mostrar a presenza da literatura dramática galega na actualidade, tanto no ámbito do ensino como a través doutras canles de comunicación como a edición ou a programación teatral. E, por outra banda, facilitar os procesos de creación en curso, no marco galego, en relación co portugués, colaborando no seu impulso”.

A inscrición é gratuíta. Está solicitada a homologación ante a Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional por 8 horas, e a matrícula é preferente para socios/as da AELG e da AS-PG (por orde de inscrición).

O programa completo previsto é o seguinte:

Sábado pola mañá

09:45 Apertura da III Xornada.

10:00 Mesa redonda A literatura dramática nas aulas.

Presentación e moderación: Olivia Pena.

Ponentes: María Vilariño e Manuel Vieites.

11:15 Mesa redonda A difusión da literatura dramática hoxe.

Moderación: Carlos Labraña.

Ponentes: Inma Doval e Manuel Xestoso.

12:30 Clase maxistral a cargo de Francisco Matos Oliveira.

Sábado pola tarde

16:30 Festival Pezas dun teatro do porvir. Procesos abertos de escrita dramática.

16:30 h. A Feroz. Santa Inés.

17:10 h. Fernando Epelde. Mal Avenida.

17:50 h. Carlos Labraña. O rocho.

18:30 h. Marta Figueiredo. Grada Família.

19:10 h. Ernesto Is. Desertos ou A resaca dos profetas.

19:50 h. Laura Porto. O senso da floración.

Comentarios