Máis

Carrilanas de Esteiro

A festa da velocidade e a mellor música galega
O Grand Prix de carrilanas de Esteiro, en Muros, realízase na Costa do Maio. (Foto: ADC Carrilanas de Esteiro)
photo_camera O Grand Prix de carrilanas de Esteiro, en Muros, realízase na Costa do Maio. (Foto: ADC Carrilanas de Esteiro)

Velocidade, tradición e diversión son os tres ingredientes que se reúnen cada ano na parroquia muradá de Esteiro o terceiro domingo de xullo no Gran Prix de Carrilanas.

O que foi en tempos un xoguete tradicional pasou a ser, a partir de 1988, o protagonista de todo un evento neste lugar costeiro da ría de Muros.

Exposicións, gastronomía, espazos infantís, zonas de acampada e un festival de música, ademais doutras actividades que configuran unha programación para todos os públicos. 

O prato forte será mañá, 16 de xullo, coa competición que consiste na baixada en carrilanas pola costa do Maio, de case dous quilómetros e medio, unha pequena estrada sinuosa que descende entre bosques e vivendas, localizada na propia parroquia.

Estes pequenos vehículos construídos case na súa totalidade de madeira, inspirados nos coches dos xogos das crianzas, transfórmanse en Esteiro en magníficos bólidos de espectacular feitura. Ademais de non contar con motor, para poder participar nas carreiras é preciso seguir os requisitos recollidos na normativa de construción dos vehículos que se revisa antes da competición.

Outro dos elementos que transcendeu máis despois de varias edicións da festa foi o Festival das Carrilanas. Carteis de primeiro nivel marcaron unha sona que chegou aos nosos días.

Esta sexta feira actuaron Baiuca, Fillas de Cassandra, Grande Amore e Familia Caamagno. Hoxe será a quenda de Tanxugueiras, Boyanka Kostova, Monoulious Dop, Cool Nenas, Lamontagne & Picoamperio e Pablo Balseiro. E o domingo actuará La Quinquillada. Para saber máis da festa, a organización conta cunha páxina web.

Comentarios