CON MOTIVO DO FESTIVAL DE ARTE URBANA REXENERA FEST

Carballo énchese de cor

O Festival Internacional de Arte Pública de Carballo celebrará a súa segunda edición e conta xa coa presenza confirmada dos artistas Natalia Rak, Hyuro, Case Maclaim e Nove Noel

aryz-cultural-forum-carballo-galicia-mural-upper-playground-001
photo_camera Pintura no Fórum de Carballo de Aryz para o Rexenera Fest 15.

Carballo segue a se converter nun referente da arte urbana na Galiza. A cidade engalánase coas pinturas de artistas grafiteiros que non só decoran e dan cor ás paredes máis grises, se non que veñen cheas de contido.

Para esta segunda edición que se celebrará do 30 de maio ao 5 de xuño, o Rexenera Fest xa confirmou a recoñecidos artistas de diversas partes do mundo. Serán 5 grafiteiros para outras 5 paredes que estarán dispersas polo territorio do casco urbán carballés. A maiores, o festival complementarase co impartimento de master classes e conferencias ás que se sumarán concertos, unha ruta guiada e mesas redondas.

Polo de agora, as incorporacións ao cartel coas que contan son as de: Natalia Rak, artista polaca que se caracteriza por facer murais cunha grande variedade cromática e coas persoas como protagonistas.

13138953_483965881790379_3185586575187129392_n






Seguindo coa liña internacional do festival, outro dos convidados é Case Maclaim (Andreas von Chrzanowski), dominador do hiperrealismo xigante que busca na súa pintura conseguir texturas moi similares ás da fotografía. Este artista alemán forma parte da crew xermana Ma'Claim, da que tira o seu alias.

13139123_483645025155798_1454387089461069975_n

A variedade de estilos estará moi presente e faise latente coa presenza de Hyuro, quen destaca pola temática intrínseca na súa obra. A artista arxentina destaca pola crítica á desigualdade de xénero e á sociedade patriarcal e busca a reflexión mediante a ironía.

a-1024x932

O cartel, a falta da última confirmación, complétao o rianxeiro Nove Noel, cun estilo surrealista que busca evocar emocións cunha mensaxe poética e moi visual. Noel será o representante da arte urbana galega no festival carballés.

tumblr_nvw8ulsZ5S1tsqiuxo3_1280

Comentarios