Aula Castelao dispoñibiliza na rede o seu arquivo histórico da Semana Galega de Filosofía

semanafilosofia
photo_camera Imaxe de arquivo dunha edición da Semana Galega de Filosofía.

A Aula Castelao dispoñibiliza en aberto na rede unha serie de recursos do seu arquivo histórico sobre a Semana Galega da Filosofía. A iniciativa comezou co vídeo da inauguración da XXIII Semana de Filosofía de 2006 a cargo do daquela presidente da Aula Castelao, Fernando Pérez, como homenaxe a quen fora cofundador da Aula o e que faleceu precisamente nese ano.

Ademais, dispoñibilizan conferencias e entrevistas desa e doutras semanas de filosofía, mesmo anteriores, que consideran “documentos de grande interese alén dos problemas que poidan ter en canto a súa calidade de imaxe e son”

Desde a Aula Castelao ingorman que manteñen o seu ompromiso “de fomentar o estudo e o debate, mesmo nestas circunstancias, precisamente insitindo na necesidade do papel da filosofía para enfrontar situacións como as que estamos vivindo”.

A XXXVII Semana Galega de Filosofía (Filosofía e Civilización Dixital), que tería que realizarse na semana do 13 ao 17 de abril,adiouse a outono.

Comentarios