aRi[t]mar celebrará unha reedición da súa gala 2023 en Portugal

A gala coincidirá coa clausura do Congreso Internacional de Estudos Galegos, que se celebra na cidade entre o 17 e o 20 de abril, e formará parte do seu programa social.
Fillas de Cassandra na gala aRi[t]mar 2023.
photo_camera Fillas de Cassandra na gala aRi[t]mar 2023.

O próximo 20 de abril, os premios aRi[t]mar da música e da poesía galego-portuguesas, chegarán á cidade lusa de Braga para celebrar unha nova edición da súa gala, no Auditório Espaço Vita, ás 21.30 horas.

Será a primeira vez que esta gala se realiza en Portugal, onde o evento aspira a ter continuidade. No país luso reside aproximadamente a metade do público que segue esta iniciativa.

 

Congreso Internacional de Estudos Galegos,

A gala coincidirá coa clausura do Congreso Internacional de Estudos Galegos, que se celebra na cidade entre o 17 e o 20 de abril, e formará parte do seu programa social. O evento consistirá nunha reedición da gala 2023, en que foron galardoadas as galegas Fillas de Cassandra e Arancha Nogueira, así como os portugueses Retimbrar, María Isabel Fidalgo e a Associação José Afonso.

Ademais a gala contará coa colaboración especial da cantora, acordeonista e compositora alentejana Celina da Piedade.

aRi[t]mar é un proxecto didáctico cultural que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países. 

 

Comentarios