Os Amigos dos Músicos publican un adianto do seu primeiro disco, ‘Fóra do meu control’

A banda de Ourense vén de publicar o primeiro single, homónimo, dun agardado disco de debut que publicarán en outubro, ‘Fóra do meu control’.

amigos
photo_camera Os Amigos dos Músicos

Os Amigos dos Músicos xa se fixeron un oco no corazonciño da escena ‘indie’ galega nestes dous anos nos que nos foron ofrecendo concertos en salas e clubs de todo o país. Pop-folc aveludado e melancólico, de influencias tanto americanas coma galegas, que vén de fichar polo selo madrileño Gran Derby Records, que xa editou en 2015 un sinxelo da banda, que podedes escoitar aquí: 

Este verán poderemos velos o 27 de xullo no Sete Flores do Carballiño; o 28 nos Atardeceres do Gaiás en Compostela; o 3 de agosto na Aira das Letras en Allariz e o 7 no Festival Noroeste da Coruña. 

Eles defínense así: “Somos seis amigos de berros e loitas, de loito, festa e desemprego musical. Somos seis amigos e algún máis. Algún máis e unha cidade. Ou máis ben un espazo. Ou varios espazos. CAntamos moitos e con moitas voces distintas, ás veces cambiando unhas por outras, como se estivesen enredando para que ninguén os recoñecese nunca. Diso se trata ao final, de enredar”. 

Comentarios