A Semana de Filosofía deixa a súa sede porque Novacaixagalicia quería cobrarlle 7.000 euros

Desde hai trinta anos, a Aula Castelao organiza a Semana Galega de Filosofía en Pontevedra, con sede fixa no centro cultural de Novagalicia Banco. Este ano, o congreso que xuntará durante cinco días centos de persoas para asistir ao debate sobre "Filosofía e Memoria" terá lugar no Teatro Principal xa que Novacaixagalicia, a antiga obra social, quería cobrar 7.000 euros por uso das instalacións.
Semana Galega de Filosofía
photo_camera Semana Galega de Filosofía


Fóra do tempo no que no Centro Cultural situado no centro de Pontevedra se executaron as obras de reforma -tempo no que se realizou no Pazo da Cultura e no Teatro- a Aula Castelao tivo sede fixa no centro dependente da obra social da que era caixa de aforros. A entidade cedía o seu espazo como unha maneira de patrocinio e durante cinco días, en sesións de mañá, tarde e noite, o centro asistia a semana máis poboada, co aforo maiormente completo. Desta volta, coa negativa de Novacaixagalicia, a fundación que xestiona a antiga obra social, as conferencias e debates da Semana de Filosofía terán lugar no Teatro Principal, dependencias municipais que o Concello de Pontevedra cede gratuitamente.

A Semana Galega de Filosofía chega a súa XXX edición que se desenvolverá do 1 ao 5 de abril coa presenza de José Barata Moura, Miren Etxezarreta, Bruno Groppo, Manuel Cruz, Camilo Nogueira, Ramón Regueira, Manuel Rivas, Manuela Carmena e Paula Godinho, entre outras persoas con Josep Fontana na clausura.

Comentarios