#sermos127: O Grande Irmao quere escoitalo todo

Máis un número do semanario saído do prelo. Falamos do Estado para o que tod@s son sospeitos@s, da nova fase das relacións Cuba-EUA, entrevistamos a Gonzalo Hermo, a Evencio Ferrero... e moito máis. Podes adquirilo xa na loxa.

capa_SG127

Xa hai novo Sermos Galiza na rúa, o nº127. O tema da semana céntrase na transformación do noutrora formalista 'Estado social e de dereito' nun Estado policial e non garantista. Lei de Seguridade Cidadá, o ante-proxecto de reforma do Enxuizamento Criminal,... Un artigo do presidente de Esculca, Fernando Blanco, completa a reportaxe.

Entrevistamos a Evencio Fernández, alcalde de Carballo. "Somos dos poucos concellos onde ninguén está preocupado pola corrupción". Fernández acadou -á fronte da lista do BNG- a alcaldía da súa vila en 2003, logo de décadas no activismo social e nacionalista. Unha recente enquisa de Sondaxe apunta a que podería obter nos comicios locais que se realizarán en 2015 a súa primeira maioría absoluta.

Vigo e A Coruña

Tamén falamos neste semanario como Coia resiste na rotonda contras as “políticas megalómanas” de Caballero. A veciñanza conseguiu paralizar as obras para instalar o Bernardo Alfageme nunha rotonda do barrio vigués. En ‘Molestias e millóns públicos para beneficio privado na Coruña’ debullamos como no populoso barrio da Agra da Orzán, o goberno local de Carlos Negreira gasta 3,3 millóns na construción dun aparcamento subterráneo que finalmente deixará en mans privadas, o que está a provocar protestas e queixas tamén pola tardanza no remate das obras na Praza das Conchiñas.

‘O dereito a vivenda, unha cuestión de vontade política’ é o título da nova na que abordamos como diversas políticas municipais poderían implementarse para garantir a función social da propiedade fronte aos despexos.

Tarifa eléctrica

‘A tarifa eléctrica galega marca a axenda política’. A Xunta, con dificuldades para explicar por que é "simplista" reivindicar para Galiza o que Madrid xa concedeu a Euskadi. A nova complétase cunha análise de Fernando Branco, secretario de enerxía da Federación de Industria da CIG.

O enxeñeiro técnico agrícola Óscar Pérez analisa como o prezo do litro do leite segue a niveis de hai 25 anos malia o aumento dos custos.

E falamos de como EUA admite o fracaso da súa política para "levar Cuba cara ao colapso". A Habana e Washington dan un primeiro paso cara á normalización das relacións entre ambos os dous países. Raúl Castro apela a avanzar "na normalización" e Obama fala de "fracaso" do illamento.

En Viaxes na Miña Terra imos de Pontevedra a Bora polo río Lerez.

Textos

Entrevistamos a Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987). “A literatura galega é de calidade e ten que voar soa, sen que a política a planifique”. Publicamos un avanzo de ‘Celebración’, o libro que abre a colección “Cera Labrada” dedicada á poesía do novo selo Apiario. Os Fenómenos, os premios Martín Codax, o Museo das Marionetas de Lalín... tamén teñen cabida neste nº127.

E entrevistamos a Manu Fernández, un dos responsábeis do Festival da Candeloria de Lugo, que decorre o 27 e 28 de febreiro. ““Queremos que Lugo sexa unha festa coa Candeloria”.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios