Unha ollada AFondo aos 3 anos da Troika en Portugal

O coñecido como Pacto de Agressão ou Memorando de Entendemento asinado pola Troika e o goberno luso cumpre tres anos. Representantes políticos, sindicais e sociais do país veciño analizan as consecuencias do resgate financeiro a Portugal. Mércao xa na nosa loxa. 

Capa_AFondo_SG90

Os 'homes de negro' chegaron a Portugal en 2011. Eles son os encargados de ditaren as medidas políticas e económicas que baixo a escusa dunha saída á crise, están a desmantelar os servizos públicos, reduciren salarios e pensións, eliminan dereitos sociais e laborais... Esta semana, editamos un caderno monográfico no que avaliar as consecuencias dos tres anos da Troika en portugal. 

Coordenado por Duarte Correa, achegamos oito páxinas que conteñen as reflexións deitadas por representantes políticos, sociais e económicos do país veciño. O integrante da Comissão Executiva da CGTP-IN, João Torres, a licenciada en Relacións Internacionais e dirixente do Bloco de Esquerdas, Joana Mortágua, o economista do Banco de Portugal, Octávio Teixeiro ou o columnista e activista de movementos sociais, Tiago Mota, son algunhas das sinaturas que atoparás esta semana no A Fondo. 

As voces que congregamos neste caderno chaman a se mobilizar para recuperar os dereitos roubados e confrontar directamente a UE

Un caderno en que nos debruzamos sobre "a desgraza", sinalan, que supuxo para Portugal non só a aterraxe dos respresentantes da Troika senón a xestión política que se está a facer da crise por parte do goberno Passos-Cavaco. Tres anos de perdas salariais e violacións dos dereitos máis elementais, porén, tamén tres anos de loita e "resistencia", subliñan as voces que conforman esta pequena aproximación á realidade lusa. 

"Hai que mobilizar unha maioría social para a reivindicación da devolución dos dereitos roubados e para o confronto directo coa Europa", recalcan, nun tempo en que "con manifestacións", aseguran. "isto xa non vai lá". 

Podes mercalo nos quiosques e librarías do país, mais tamén na nosa loxa por só 0,50€. 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios