Redacción
28/feb./24 - 21:20
A Xustiza norteirlandesa considera ilegal a lei de amnistía impulsada polo Reino Unido
O Tribunal Superior de Belfast, Irlanda do Norte, sentenciou hoxe que a lei de amnistía aprobada polo Reino Unido, que fixa en maio a fin de case todos os procesos xudiciais pola violenta represión británica contra os nacionalistas no territorio e outorga inmunidade a paramilitares e membros das forzas de seguridade se colaboran cunha comisión de reconciliación, é incompatíbel coa Convención Europea de Dereitos Humanos.