A Xunta fecha as oficinas auxiliares do Igape

A Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes publicou onte no Diario Oficial da Galiza (DOG) a resolución pola que se suprimen as oficinas auxiliares de rexistro do edificio administrativo do Igape situadas en Compostela, Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. No mes de novembro do pasado ano o xerente do Igape remitiu un escrito á Secretaría Xeral Técnica onde solicitaba a supresión das oficinas auxiliares polo que as persoas que se relacionan co Instituto Galego de Promoción Económica estarán agora obrigadas a relacionarse coa entidade por medios electrónicos.
 
Sede central do Instituto Galego de  Promoción Económica. (Foto: Igape)
photo_camera Sede central do Instituto Galego de Promoción Económica. (Foto: Igape)
Comentarios