PSOE e Anova gobernarán xuntos en Val do Dubra

O Concello de Val do Dubra (comarca de Santiago) terá durante os próximos catros anos un Goberno bipartito formado por PSdeG-PSOE e Anova liderado polo socialista Diego Luís Díaz Méndez. Nas eleccións municipais, PSdeG e Anova obtiveron tres edís cada un e o PP, cinco. Os socialistas, encabezados por Díaz, e Anova, con Antonio Negreira Noya, anunciaron esta cuarta feira en rolda de prensa un acordo para conformar o Executivo. Dividiron as responsabilidades de goberno de forma equitativa: tres áreas para cada formación.

Diego Luis Díaz Méndez, do PSOE, e Antonio Negreira Noya, de Anova, serán as cabezas visíbeis do goberno do Val do Dubra.
photo_camera Diego Luis Díaz Méndez, do PSOE, e Antonio Negreira Noya, de Anova, serán as cabezas visíbeis do goberno do Val do Dubra.
Comentarios