O Sergas chama a doar sangue, especialmente dos grupos A+, 0-, B+, AB-

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas chama hoxe de novo a cidadanía a doar sangue tras comprobar que as reservas dos grupos A positivo, 0 negativo, B positivo e AB negativo están en niveis baixos. O único grupo que se atopa en nivel bo é o AB positivo, mentres que A negativo, 0 positivo e B negativo están en nivel normal. Así, ADOS lembra que nos hospitais galegos necesitan perto de 500 doazóns de sangue para poder desenvolver o seu labor asistencial. Por iso, incide que se pode doar nalgunha das dez unidades móbiles que percorren diariamente Galiza ou nalgún dos sete locais permanentes de doazón das principais cidades galegas.
A Axencia de Doazón chama a doar sangue dos gupos A positivo O positivo (Foto: Nós Diario).
photo_camera A Axencia de Doazón chama a doar sangue dos gupos A positivo O positivo (Foto: Nós Diario).
Comentarios