Santiago estará de 'festa' do Deporte o 18 de marzo

Os VI Premios Santiago Deporte terán a súa gala o 18 de marzo. Na cerimonia, que comezará ás 20 horas, entregaranse os galardóns das 12 categorías desta edición, cos que se busca recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2022/23 ou no ano 2023 "contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela". A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou os detalles duns galardóns que recoñecerán como mellor deportista feminina absoluta a Iria Nieto (Ciclismo) e na modalidade masculina a Luís Penido (Rally). Nas categorías de base, as distinguidas foron Julia Salvado (Mushinh) e o triatleta Lucas García, quen en xaneiro sufriu un accidente adestrando.
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, co xornalista Álvaro Veiga. (Foto: Concello de Santiago).
photo_camera A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, co xornalista Álvaro Veiga. (Foto: Concello de Santiago).
Comentarios