Rafael Zas Arregui, novo director da Misión Biolóxica de Galicia

A Presidencia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nomeou Rafael Zas Arregui (Santiago, 1971) como novo director da Misión Biolóxica da Galiza. Este é o instituto de investigación máis antigo do CSIC no país e conta con sedes en Compostela e Pontevedra. Zas Arregui releva no cargo, tras permanecer desde xullo de 2022 como director provisional, a Elena Cartea González, quen nesa data foi nomeada vicepresidenta adxunta de Áreas Científico-Técnicas do CSIC.

Rafael Zas Arregui, novo director da Misión Biolóxica da Galiza. (Foto: CSIC)
photo_camera Rafael Zas Arregui, novo director da Misión Biolóxica da Galiza. (Foto: CSIC)
Comentarios