O presidente e o primeiro ministro luso cuestionan as ameazas do sindicato policial sobre as eleccións

Despois de que Armando Ferreira, presidente do Sindicato Nacional da Polícia portugués, indicara que as eleccións de marzo podían estar en risco polo papel das e dos axentes nos comicios, o presidente Marcelo Rebelo de Sousa insistiu hoxe en que non pode haber protestas “que poidan levantar dúbidas sobre a realización das eleccións”, após o primeiro ministro António Costa trasladar o seu “repudio” ás declaracións de Ferreira.

O presidente Rebelo de Sousa e o primeiro ministro Costa en 2023. (Foto: Rita Chantre / Europa Press / Contacto)
photo_camera O presidente Rebelo de Sousa e o primeiro ministro Costa en 2023. (Foto: Rita Chantre / Europa Press / Contacto)
Comentarios