A planta de Megasa carece de data de reapertura após a fuga radioactiva

O presidente do comité de empresa de Siderurxia Megasa en Narón, Carlos Bascoy (UXT), destacou esta cuarta feira a tranquilidade entre o persoal, despois de que se coñecese que o día 8 a planta sufriu unha fuga dunha fonte radioactiva de Cesio-137, o que obrigou a paralizar a produción. Bascoy sinalou que o comité "estivo informado en todo momento, tanto pola dirección de empresa como polas reunións que se mantiveron co Consello de Seguridade Nuclear (CSN)", do incidente. "Agora o CSN fala das medicións dos traballadores, mais nun primeiro momento, nas reunións mantidas non se nos falaba de que fose nada relevante, todo o contrario". "No noso caso ninguén está exposto, o material que deu alarma, cuns valores moi baixos, está perfectamente illado, polo que non se pode achegar ninguén", destacou. Polo momento, a produción está paralizada e hoxe cumprirase unha semana sen actividade, descoñecéndose por agora cando se poderá retomar.
Forno de fundición en Megasa, cuxa produción está paralizada polos custos da luz. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Forno de fundición en Megasa, cuxa produción está paralizada polos custos da luz. (Foto: Nós Diario)
Comentarios