Persoal da residencia de DomusVi en Ribadumia protesta pola "imposición horaria"

Persoal da residencia de maiores DomusVi de Ribadumia (O Salnés) estudará a posibilidade de intensificar as mobilizacións contra a decisión da empresa de impor cambios de quenda e de negarse a compensar con tempo libre o traballo en días festivos. Así mesmo, as traballadoras desenvolveron esta terza feira unha concentración diante do edificio da Xunta da Galiza en Pontevedra coincidindo cun acto de conciliación, o cal rematou sen acordo.
Concentración das traballadoras de DomusVi, esta terza feira en Pontevedra (Foto: Nós Diario).
photo_camera Concentración das traballadoras de DomusVi, esta terza feira en Pontevedra (Foto: Nós Diario).
Comentarios