Unha nova protesta ante os xulgados da Coruña reclama "xustiza" para o falecido Unai Martínez

O colectivo 'Xustiza para Unai', concentrouse nunha nova protesta fronte aos xulgados da Coruña para exixir "xustiza e verdade" e que se "asuman responsabilidades" polo accidente ocorrido en marzo de 2022 na refinería coruñesa no cal faleceu o traballador Unai Martínez e outro resultou ferido. Foi con motivo das declaracións previstas no Xulgado de Primeira Instancia número 6 da Coruña de responsábeis da empresa auxiliar para a que traballaban ambos os operarios, Nervión, en relación a este sinistro laboral. Tras unha pancarta co lema 'Sempre Unai' unha trintena de persoas, entre elas a viúva de Unai Martínez, Lorena Dacosta, corearon consignas como "Unai, irmán, nós non esquecemos" e "Nervión asasinos".
Protesta esta segunda feira na Coruña do colectivo Xustiza para Unai (Foto: Xustiza para Unai).
photo_camera Protesta esta segunda feira na Coruña do colectivo Xustiza para Unai (Foto: Xustiza para Unai).
Comentarios