Xurxo Lobato rende homenaxe ás persoas represaliadas en Ferrol en 1972

O fotógrafo coruñés Xurxo Lobato presentou esta cuarta feira en Narón (Ferrolterra) Rostros da memoria. Ferrol 1972, unha obra protagonizada por trinta persoas fotografadas por Lobato en branco e negro que sufriron a represión da ditadura franquista polas loitas obreiras decorridas en Ferrol no ano 1972. Nun ateigado Café Teatro, Lobato estivo acompañado da alcaldesa Marián Ferreiro e da presidenta da Asociación Fuco Buxán, Susana Alaniz. Esta obra, que edita a mencionada asociación, completa o traballo que Xurxo Lobato fixo en 2008 (Rostros da memoria) enfocado nas vítimas do franquismo na Galiza, e rende homenaxe a "só unha pequena parte" das persoas represaliadas. Ten, así, un "carácter simbólico que engloba os que naquel ano sufriron a represión".
Marián Ferreiro, Xurxo Lobato e Susana Alaniz, esta cuarta feira en Narón. (Foto: Xurxo Lobato)
photo_camera Marián Ferreiro, Xurxo Lobato e Susana Alaniz, esta cuarta feira en Narón. (Foto: Xurxo Lobato)
Comentarios