Lydia Pérez, a vingar o KO de Nerea Pampín no Europeo de Loita

A capital de Romanía, Bucarest, acolle desde o pasado 12 de febreiro o Campionato de Europa de Loita, proba que se estenderá até o domingo 18 deste mes e que conta con dúas representantes galegas: Lydia Pérez e Nerez Pampín. A primeira entrará esta quinta feira pola mañá en acción nas series clasificatorias de -62 quilogramos e, de conseguir superalas, xa pola tarde competiría de novo para disputar as semifinais coa vista posta na finalísima, programada a partir das 19.30 horas de mañá. No caso de Pampín, esta debutou onte na proba romanesa, e a pesar da intensa preparación previa que levou a cabo nas semanas anteriores no Centro de Alto Rendemento de Madrid -onde este ano estreou unha bolsa como deportista interna- caeu na cuarta feira eliminada en primeira rolda contra a bielorrusa Sadchanka por 0 a 11.
A pontevedresa Pérez debuta hoxe na categoría de -62 quilos, (Foto: FEL).
photo_camera A pontevedresa Pérez debuta hoxe na categoría de -62 quilos, (Foto: FEL).
Comentarios