Lores ve Pontevedra nunha situación "complexa" por falta de orzamento

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou esta terza feira qu e a situación do concello é "complexa e é real" con "problemas importantes de funcionamento" ao carecer de orzamentos para 2024. Unha "parálise" que cre que pode prolongarse até mediados de marzo se PP e PSOE non presentan unha alternativa de goberno ao do BNG logo de que a oposición rexeitara a moción de confianza debatida na segunda feira. 
Miguel Anxo Fernández Lores, no pleno da pasada segunda feira 9 de xaneiro. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
photo_camera Miguel Anxo Fernández Lores, no pleno da pasada segunda feira. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
Comentarios