Jéssica Bouzas, a un paso do 'Top-100' da WTA

 A Galiza está a piques de volver a contar, moitos anos despois, cunha galega entre as 100 mellores tenistas do mundo. Trátase da vilagarciá Jessica Bouzas, quen tras conquistar a pasada fin de semana o seu primeiro torneo WTA 125, en Antalya (Turquía), ascendeu até a posición 104 do ránking. Así, a deportista de 21 anos fica a un paso de coller a remuda da pioneira, Lourdes Domínguez, quen asaltou o 'Top-100' mundial en 2005, onde logrou manterse ininterrompidamente até 2009, chegando a ascender até o número 40. Non obstante, a pontevedresa non se afastou ese ano da elite, pois en 2010 volveu a ese 'Top-100', onde permaneceu até 2016, un ano antes dunha retirada que deixou orfo o tenis da Galiza até a irrupción da súa herdeira natural, unha Jessica Bouzas que explotou neste 2024.
A galega bica o trofeo WTA 125 que gañou sobre a terra batida turca. (Foto: Megasaray Hotels Open).
photo_camera A galega bica o trofeo WTA 125 que gañou sobre a terra batida turca. (Foto: Megasaray Hotels Open).
Comentarios