Unha incidencia causa atrasos en varios trens que comunican a Galiza e Madrid

Unha incidencia entre Meamán (Ourense) e Otero de Bodas (Zamora) causou a tarde deste domingo atrasos en catro trens na liña Ourense-Madrid, así como outros catro víronse afectados en sentido Madrid-Galiza. En total son oito trens os que presentan demoras mentres Adif continúaba traballando a última hota de onte para resolver a incidencia. Segundo informou Renfe a través de redes sociais, os oito atrasos nas liñas mencionadas anteriormente debéronse a ese fallo técnico que tamén deixou sen tensión o tramo Valladolid-Burgos e entre Venta de Baños e León. Todo apunta a unha falta de subministración por causa da empresa subministradora, segundo recolle Adif.

Cartel advertindo do atraso dos trens que saen e chegan á Coruña na estación de Santiago, ás 16 horas de hoxe. (Foto: Nós Diario)
photo_camera (Foto: Nós Diario)
Comentarios