Impugnan o censo das eleccións sindicais de Navantia-Ferrol por incluír "representantes da empresa"

A CXT vén de impugnar ante a mesa electoral central de Navantia-Ferrol o censo provisional para as eleccións sindicais que decorrerán en outubro, por supostamente incluír persoas que son "representantes da empresa". Segundo denuncia a organización, o censo inclúe directores, membros do comité de dirección e representantes da compañía presentes na comisión negociadora do convenio colectivo. Neste contexto, a CXT cualifica de "aberración" que estas persoas "poidan votar para escoller aos que van ser os seus interlocutores nas relacións laborais". Por iso, remarcan, "deben ser excluídos do censo".
Persoal de Navantia bloqueando a entrada o estaleiro en Ferrol. (Foto: Europa Press).
photo_camera Persoal de Navantia bloqueando a entrada o estaleiro en Ferrol. (Foto: Europa Press).
Comentarios