A Fundación Marta Ortega pide unha concesión no Porto da Coruña para "actividades culturais"

A Fundación Marta Ortega, da presidenta da multinacional téxtil Inditex, solicitou unha concesión no Porto da Coruña para "desenvolver actividades culturais". Segundo publicou esta terza feira o Boletín Oficial do Estado (BOE), a Autoridade Portuaria iniciou o trámite de competencia de proxectos en relación coa solicitude da fundación, que pediu a "ocupación de superficie e instalacións" portuarias para "desenvolver actividades e eventos". 
Centro da Fundación Marta Ortega no porto da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Centro da Fundación Marta Ortega no porto da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Comentarios