Funcionarios de Xustiza dan dez días ao Goberno español para evitar unha "folga total"

O funcionariado da administración de Xustiza acordou "endurecer" a súa postura de paros parciais diarios e de xornada completa puntuais que comezaron o pasado 17 de abril de forma indefinida para reclamar melloras salariais, advertindo agora de que pasarán a facer unha "folga total" a partir do 22 de maio se o Goberno español, nos próximos dez días, "non pon enriba da mesa unha proposta económica". Afirman que o seguimento das protestas segue a medrar e, consecuentemente, os xulgados acumulan milleiros de procedementos pendentes.
Manifestación do funcionariado de Xustiza o pasado 4 de maio, en Madrid.
photo_camera Manifestación do funcionariado de Xustiza o pasado 4 de maio, en Madrid.
Comentarios