Un equipo da USC logra avances no diagnóstico da periodontite

Un equipo liderado pola catedrática de Odontoloxía Inmaculada Tomás, o Oral Sciences Research Group da USC, vén de descubrir novos biomarcadores para o diagnóstico da periodontite, unha enfermidade que afecta a case a metade da poboación mundial e que está asociada a medio cento de doenzas sistémicas. A investigación, que empregou a técnica de proteómica Swath-MS, permitiu descubrir novas proteínas "cunha excelente capacidade para detectar a periodontite antes e despois do tratamento".
Equipo de odontoloxía da profesora Inmaculada Tomás. (Foto: Santi Alvite).
photo_camera Equipo de odontoloxía da profesora Inmaculada Tomás. (Foto: Santi Alvite).
Comentarios