Donald Trump incide en que é vítima dunha "persecución política" na apertura do primeiro xuízo penal contra un ex presidente dos EUA

O primeiro xuízo penal contra un ex mandatario estadounidense deu inicio a segunda feira en Nova York con Donald Trump como acusado por 34 cargos de falsificación documental, nunha trama na que tería pagado 120.000 euros a unha actriz e directora de cine pornográfico para que ocultase unha presunta relación fóra do matrimonio. Trump, candidato republicano nas presidenciais de novembro, cualificouno como unha “persecución política”.
Manifestación contra Donald Trump fronte ao xulgado, a segunda feira. (Foto: Gina M Randazzo / ZUMA Press Wire / DPA)
photo_camera Manifestación contra Donald Trump fronte ao xulgado, a segunda feira. (Foto: Gina M Randazzo / ZUMA Press Wire / DPA vía Europa Press)
Comentarios