A Deputación da Coruña resolve as súas axudas ao deporte

A Deputación da Coruña destina 1.012.078 euros "a apoiar os clubs deportivos e deportistas que participan en competicións de ámbito nacional e internacional". A resolución provisional deste programa de axudas ao deporte coruñés, publicada nesta terza feira no Boletín Oficial da Provincia (BOP), beneficia un total de 128 conxuntos masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balonmán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hóckey, ximnasia, judo…) que participan en competicións do máis alto nivel. Segundo informou a Deputación herculina, outras sete axudas, por importe de 34.098 euros, están condicionadas á achega de documentación complementaria, sendo a máis elevada en canto a contía a do Viaxes Amarelle de Fútbol Sala (37.005 euros). 
O Viaxes Amarelle de fútbol sala foi a entidade máis beneficiada. (Foto: Viaxes Amarelle).
photo_camera O Viaxes Amarelle de fútbol sala foi a entidade máis beneficiada. (Foto: Viaxes Amarelle).
Comentarios