A Deputación compromete meMelloras nas Torres do Allo, en Zas

O vicepresidente da Deputación da Coruña Xosé Regueira visitou onte o concello de Zas para coñecer o estado das Torres do Allo ademais dos últimos achados no xacemento romano de Brandomil. "As Torres do Allo son un dos símbolos máis emblemáticos da comarca e da provincia, por iso, debemos protexelo e impulsalo" sinalou Regueira, quen avanzou que traballarán na mellora das súas condicións e da accesibilidade para que toda a veciñanza "poidan desfrutar desta xoia patrimonial", destacou.
Xosé Regueira, terceiro pola esquerda, ante a fachada das torres. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Xosé Regueira, terceiro pola esquerda, ante a fachada das torres. (Foto: Nós Diario).
Comentarios