Condenan o Santander a devolver medio millón de euros en preferentes aos herdeiros duns emigrantes

O Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña condenou o Banco Santander a devolver case medio millón de euros aos herdeiros dun matrimonio de octoxenarios emigrantes retornados que adquiriran participacións preferentes na empresa SOS Cuétara SAU e títulos de valores Santander. A resolución xudicial considera que non se transmitiu ao matrimonio información efectiva sobre o risco de perda nos produtos financeiros.

O Banco Santander é o segundo grupo financeiro en volume de depósitos na Galiza. (Foto: Banco Santander)
photo_camera O Banco Santander é o segundo grupo financeiro en volume de depósitos na Galiza. (Foto: Banco Santander)
Comentarios