O Cidade de Narón de Natación chega aos 30 anos

A piscina do complexo Polideportivo municipal da Gándara acollerá o día 2 de decembro, a trixésima edición do Trofeo de Natación Cidade de Narón, que corresponde coa vixésima do Memorial Javier Lago. Un total de 150 nadadoras de nove clubs procedentes de todos os recunchos do territorio galego participarán na proba, tal e como avanzou o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero. Xunto coa entidade anfitrioa, estarán representados nunha competición que arrancará ás 17 horas da tarde os conxuntos de Arteixo, Panas, Cidade de Santiago, Cedeira, Ferrol, Culleredo, Club Marina e Club do Mar. Esta proba está incluída no calendario da Federación Galega de Natación, sendo válidas as marcas para participar nun Nacional que se disputará en Lugo.
 
Máis de 150 nadadores e nadadoras se retarán en Ferrolterra. (Foto: Club Natación Ferrol).
photo_camera Máis de 150 nadadores e nadadoras se retarán en Ferrolterra. (Foto: Club Natación Ferrol).
Comentarios