Besteiro comprométese a "reanimar" a Atención Primaria, "deficitaria en toda a Galiza"

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou o seu compromiso coa Sanidade Pública da Galiza, e en especial coa Atención Primaria, e afirmou que "reanimará" este servizo con investimento público. Así o manifestou, en declaracións aos medios, após manter un encontro en Vigo con representantes da plataforma SOS Sanidade Pública. O candidato socialista apostou por "recuperar" a Atención Primaria, que a día de hoxe ten mil profesionais menos que hai 15 anos, e cuxo investimento público se reduciu en 135 millóns. "Os datos queiman o relato do PP", constatou Besteiro, que defendeu ademais que a Primaria, porta de entrada ao sistema sanitario, "é o que une a toda a Galiza" e é "deficitaria".
Besteiro, xunto a candidatas por Pontevedra, esta terza feira en Vigo. (Foto: Europa Press)
photo_camera Besteiro, xunto a candidatas por Pontevedra, esta terza feira en Vigo. (Foto: Europa Press)
Comentarios