Atrásase a xaneiro o inicio das conversas para acabar coa terceira guerra civil no Sudán

A Autoridade Intergobernamental para o Desenvolvemento, o bloque comercial de África oriental, comunicou que a reunión que estaba prevista hoxe en Xibutí entre Mohamed Dagalo e Abdel Fattah al Burham, líderes das paramilitares Forzas de Apoio Rápido sudanesas e do Exército respectivamente, foi atrasada a xaneiro, recolleron hoxe medios internacionais. Ambos os dous aceptaron negociar a fin da guerra civil no Sudán.

O líder paramilitar sudanés Mohamed Dagalo, hoxe en Etiopía. (Foto: Forzas de Apoio Rápido)
photo_camera O líder paramilitar sudanés Mohamed Dagalo, hoxe en Etiopía. (Foto: Forzas de Apoio Rápido)
Comentarios