A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés realizará un cribado de hepatite C

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés implantou un cribado de hepatite C que abarca centros hospitalarios e de Atención Primaria que, tras iniciarse o pasado 9 de maio, esténdese a partir desta semana a todas as persoas de entre 50 e 59 anos. Así, a todas as persoas deste grupo de poboación ás que se lles efectúe unha extracción de sangue xestionaráselles sistematicamente unha proba de detección desta enfermidade. O cribado céntrase neste grupo porque, segundo as cifras que manexa a Consellaría de Sanidade, aglutina "máis da metade dos galegos con hepatite C aínda non diagnosticados". 

Imaxe tomada con microscopio do virus da hepatite. (Foto: Europa Press)
photo_camera Imaxe tomada con microscopio do virus da hepatite. (Foto: Europa Press)
Comentarios