Apelan a situar os problemas das mulleres do rural galego no centro da axenda feminista

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais fixo esta quinta feira un chamamento para que se teñan en conta "os problemas e discriminacións específicos que afectan as mulleres do rural" e se coloquen no centro das reivindicacións da axenda feminista polo 8 de marzo. Na mesma liña, Mulleres de Seu, asociación de socias gandeiras da cooperativa CLUN, enviarán cartas a altos cargos da Xunta da Galiza para que "defendan as mulleres rurais".
Unha muller nunha leira de grelos en Xermade (A Terra Chá). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera Unha muller nunha leira de grelos en Xermade (A Terra Chá). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios