Afectacións ao tráfico na autovía A-55 polo saneamento e estabilización de noiros en Tui

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana está a executar as obras de saneamento e estabilización de noiros entre os quilómetros 27,735 e 28,025 da calzada sentido Portugal da autovía A-55, na contorna de Tui (Baixo Miño). Tras a finalización dos traballos da primeira fase comezan agora os traballos da segunda. Por este motivo, desde esta mesma segunda feira, 4 de setembro, será necesario o corte do tráfico da calzada con sentido Tui/Portugal entre os quilómetros 27,600 e 28,200. Os vehículos desviaranse pola calzada oposta —sentido Vigo—, e habilitarase na devandita calzada o tráfico en dobre sentido de circulación. As afectacións ao tráfico prolongaranse previsibelmente até finais de setembro.
Cortes de tráfico na A-55.
photo_camera Cortes de tráfico na A-55.
Comentarios