A CIG gaña de novo as eleccións sindicais en Massimo Dutti con mais de 80% dos sufraxios

A Confederación Intersindical Galega (CIG) volveu gañar as eleccións sindicais nas tendas Massimo Dutti da Coruña. As candidaturas da central nacionalista lograron sete das nove delegadas que se elixían para o comité e obtiveron un apoio superior a 80% dos votos emitidos. Para a CIG este resultado é consecuencia e avala o traballo sindical realizado nos últimos anos, en especial a "loita iniciada para conseguir un incremento salarial digno".

Persoal de Massimo Dutti nunha concentración en Compostela (Foto: Europa Press).
photo_camera Persoal de Massimo Dutti nunha concentración en Compostela (Foto: Europa Press).
Comentarios