'Catro pesos' é o primeiro sinxelo do álbum Nó, co que se estrea a banda noiesa Carabela. "Cando na túa colección de discos comparten espazo privilexiado tanto o Kid A de Radiohead coma o Isué de Mercedes Peón acontecen cousas tan especiais coma este Nó. O primeiro traballo da banda noiesa Carabela parte desas coordenadas tan diversas para alumear un EP de catro temas nos que dan unha nova volta ao timón da cada vez máis natural confluencia entre as correntes do indie pop, a electrónica e a música tradicional", sinalan desde A Regueifa Plataforma 2.0.
Procura
CULTURA
Carabela - 'Catro pesos'
O máis visto
Máis en CULTURA
comentarios