selección galega

Gaélico
A selección masculina continúa viva, a feminina só aspira ao terceiro posto

O Mundial Gaélico comeza atravesado

As seleccións galegas correron sortes dispares na primeira xornada do Mundial de Fútbol Gaélico. Eles pasaron segundos de grupo cunha vitoria, un empate e unha derrota, polo que se manteñen vivos no camiño á final. Elas comezaron con vitoria, mais sucumbiron fronte Canadá e Nova Iork e loitarán polo terceiro posto.

Selección galega de Fútbol gaélico
Marcos Gañete, capitán da Selección de Fútbol Gaélico.

“Estamos con moitísimas gañas e as pernas xa non doen”

Entrevistamos a Marcos Gañete “Corba” antes de que a selección comece, en Dublín, a competir nos GAA World Games. Despois do subcampionato mundial de 2015, os nosos gaélicos buscarán a vitoria.

Laura Abelleira (abaixo á esquerda) posando coa seleción. Cedida
Laura Abelleira, capitá da Selección Galega de Fútbol Gaélico.

“Estamos mellor que o ano pasado e o obxectivo ten que ser gañar”

A selección feminina prepara os GAA World Games coa final de Croke Park no punto de mira.

A nosa selección

[Imaxe: Xurxo Lobato] Partido da selección galega de fútbol contra Venezuela
DEPORTES

Partido Galiza-Venezuela

[Imaxe: Xurxo Lobato] Partido da selección galega de fútbol contra Venezuela
PERTO DE 20.000 SEAREIR@S EN RIAZOR

O empate de Venezuela no último minuto non desloce a brillantez da Irmandiña no seu retorno

A selección galega despregou un fútbol de alto nivel na súa volta aos campos de xogo despois de 8 anos de ausencia. Iago Aspas e Lucas Pérez combinaron á perfección nun equipo no que destacaron, entre outros, Denís Suárez e Mosquera.

Quen lle ten medo á nazón de Breogán?

DEPORTES

BNG pide que no Galiza-Venezuela non se veten as estreleiras e se respeite a integridade do hino

A selección galega an súa anterior etapa
PILAR GARCíA NEGRO

"Que mutilen o hino é un atentado contra a lei"

Ante a polémica xurdida en torno á supresión das dúas últimas estrofas do hino nacional no vindeiro partido da selección galega, dende Sermos Galiza falamos coa sociolingüista, profesora da UDC e colaboradora deste medio, Pilar García Negro, para que nos aporte a súa visión desta práctica.

As camisolas que lucirá a selección
TRASHORRAS, ÁLEX LóPEZ, SANTI MINA E BARRAGáN NON XOGARáN COA IRMANDIñA

Baixas de última hora na selección

Roberto Trashorras será baixa por lesión, mentres que Álex López non estará porque segue en competición co Sheffield Wednesday. Os xogadores do Valencia Santi Mina e Barragán están de xira co clube. Pape Cheikh foi o único convocado para cubrir as ausencias.

_MG_9800
DENDE A FEDERACIóN ALéGASE: "É DEMASIADO LONGO PARA UN EVENTO DEPORTIVO"

O hino nacional non soará íntegro no regreso da irmandiña

A Federación Galega de Fútbol informou en conversa con Sermos Galiza que o hino nacional galego non será interpretado ao completo, excepto novidades de última hora, debido a que "é demasiado tempo para ter a futbolistas profesionais parados".

[Imaxe: Moiceleste] Selección galega
DEPORTES

Michel Salgado e Fran adestrarán a 'Irmandiña' na súa volta aos campos de fútbol

Os ex-celtista e deportivista adesntrarán a selección galega, que volve competir este 20 de maio, contra Venezuela e en Riazor.