Lomce

SOCIAL

"A LOMCE é a lei educativa que gostaría de ter aprobado Thatcher"

Canda o catedrático de Didáctica e Ordenación escolar da Universidade da Coruña, Jurjo Torres, analizamos a contrarreforma educativa aprobada polo Goberno español cunha meta clara: "Acabar co ensino público"

SOCIAL

Arrincan os peches en centros de ensino contra a LOMCE e os recortes

O instituto compostelán Rosalía de Castro acolleu a primeira xornada dunhas protestas convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que percorrerán toda a Galiza de forma sucesiva

plataforma galega en defensa do ensino público
SOCIAL

A Plataforma galega en defensa do ensino público inicia peches contra a LOMCE

Vilas e cidades do país acollerán peches reivindicativos a partir desta terza feira. O primeiro será no IES Rosalía de Castro (Compostela). Datas e lugares no interior. 

Concentración na defensa da Filosofía no Toural.
Galiza

Quen ten medo á filosofía? Duascentas persoas participan nun acto contra os recortes da LOMCE

Profesorado da Universidade e do Ensino Secundario,  estudantes  e cidadáns conscientes do valor formativo desta actividade, secundaron a  convocatoria conxunta da Facultade de Filosofía e A Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI), a Aula  Castelao e o Grupo Doxa. 

SOCIAL

O Consello de goberno da UVigo aproba a aplicación do decreto Wert entre fortes medidas de seguridade

Vetando o acceso da comunidade universitaria, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou esta sexta feira a aplicación do decreto Wert. Representantes de PDI, estudantado e PAS advirten que impugnarán os acordos porque "vulneran a legalidade". O estudantado denuncia que foron "ameazados con represalias académicas e legais".  

 

LINGUA

Galiza, Catalunya e Euskadi únense contra a lei da 'wertgoña'

Os representantes da Mesa, o CIEMEN e Kontseilua pularán por "unha alianza entre comunidades lingüísticas" para enfrontar a 'lei da wertgoña'. Esta terza feira darán unha conferencia de imprensa conxunta en Madrid e reuniranse cos grupos parlamentares.
SOCIAL

Máis de 10.000 sinaturas de docentes contra a Lomce

A CIG sinala que estes milleiros de sinaturas amosan que o profesorado rexeita unha lei “mercantilista e reaccionaria, recentralizadora e españolizadora, elitista e clasista, agresiva co profesorado, antidemocrática, reforzadora da confesionalidade e contraria ao ensino laico”
lomce
Galiza

Resposta masiva do estudantado contra a LOMCE e a Xunta di que se deixan enganar

Ducias de milleiros de estudantes nas rúas, apoiados por docentes e familiares, e a Xunta limítase a sinalar que están "confundidos e enganados". Unha maré percorreu centros de ensino secundario e universidades para facer fronte á LOMCE, "unha reforma que quer un ensino elitista, restrictivo e españolista"
lomce
Galiza

Maré contra a LOMCE en toda Galiza

A xornada de folga convocada no ensino contra a Lei da Wertgoña baleirou os centros educativos e encheu as rúas baixo a palabra de orde de "o ensino é un dereito, non un privilexio"
POLÍTICA

A oposición, contra a LOMCE por ser ''unha lei ideolóxica e de partido''

PSOE e AGE apoian a proposición non de lei do BNG para instar a Xunta a reclamar en Madrid que se retire o anteproxecto desta norma. Os seus cinco apoios non foron dabondo para quitala adiante: a maioría do PP na comisión de Educación do Parlamento traduciuse en sete votos en contra
SOCIAL

Wert calcula que a aplicación da LOMCE custaría a Galiza entre 50 e 927 millóns

O ministerio de Educación recoñece por primeira vez que non ten diñeiro para aplicar en 2014 a norma, amplamente rexeitada pola comunidade educativa
SOCIAL

A Plataforma en defensa do ensino público convoca concentracións contra a LOMCE

Anunciaron a súa adhesión á folga convocada polos Comites Abertos e a Liga Estudantil galega para o 6 de febreiro.
SOCIAL

Representantes da USC e da U-Vigo plantan a Wert no Consello de estudantes e exixen a súa dimisión

Representantes d@s estudantes de 25 universidades do Estado español entregaron un informe contra a Lomce do ministro Wert, á cal cualifican de "mercantilista e clasista". Dous voceiros do alumnado mesmo foron desaloxados pola garda civil do pleno do Consejo universitario do estado (Ceune) após unha dura intervención contra o anteproxecto impulsado polo ministerio español

LOMCE : Unha lei de educación para a reespañolización

O segundo anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) é unha proposta ao servizo da ideoloxía máis retrógrada, do españolismo máis exacerbado e submisión total aos intereses do ensino concertado e da Conferencia Episcopal aos que tan ben representa o PP.
SOCIAL

O PP 'españoliza' o ensino cunha LOMCE onde a relixión importa máis que as linguas propias

Unha rebaixa do 45% ao 35% da autonomía dos territorios para achegaren contidos ao currículo educativo; aulas impartidas integramente en español en centros privados que pagarán as consellarías de Educación; liberdade para que cada centro decida cantas horas lle dedica ao galego; a posibilidade de superar a ESO sen coñecer os idiomas cooficiais; e unha alternativa á relixión rescatada da reforma feita por Aznar en 2002 e que satisfai unha demanda histórica da Igrexa. Debullamos o borrador da contrarreforma educativa de Wert que sairá adiante ''con consenso ou sen el''