Lobios

Helicóptero accidentado durante tarefas de extinción en Lobios (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Lobios homenaxea tres pilotos falecidos en labores de extinción de incendios

Na homenaxe colocouse unha escultura do artista de Lobios Toño Monteiro, discípulo do escultor, pintor e escritor Xaime Quessada. A peza representa a figura dun avión facendo unha descarga de auga e persoal en terra realizando a extinción dun incendio.
Traballadores forestais observan os danos ocasionados polo incendio forestal en Salgueiros, no concello de Muíños. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Un novo incendio no parque natural do Xurés eleva a 353 as hectáreas queimadas este inverno

Neste espazo natural arderon perto de 162 hectáreas.
Os Reis Magos chegaron onte na traíña dos Galos ao porto de Bueu. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Como foron as cabalgatas de Reis no rural?

O 5 de xaneiro sempre se caracteriza polas cabalgatas de Reis que decorren nos distintos municipios galegos. Con todo, moitos concellos decidiron impresionar as crianzas con novas propostas, especialmente nas zonas rurais. Gandeiros nos desfiles, tractoradas e contacontos foron algunhas das sorpresas deste ano.
Luz da Lúa
Axenda

Luz da Lúa

O concello de Lobios acolle hoxe este espectáculo de circo aéreo da man da compañía brasileira Luz da Lúa
Vista da reserva da biosfera Xurés-Gêres, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Turismo.gal) #reservadabiosfera #medioambiente #xurés
SOCIAL

Sete hectáreas calcinadas en dous incendios rexistrados na Mezquita e Lobios

Ambos os incendios, dos que se informou ao longo da tarde desta cuarta feira, están xa controlados.
Pablo Rodríguez é o portavoz da asociación veciñal de Puxedo, en Lobios (P. Rodríguez)
SOCIAL

Pablo Rodríguez, Asociación Veciñal de Puxedo: "Recuperamos todas as airas, sete muíños do Mao e 16 hórreos"

O lugar de Puxedo, na parroquia de San Paio de Araúxo (Lobios) é un exemplo de recuperación patrimonial. Hai dez anos veciñas e veciños iniciaron unha experiencia que a día de hoxe conseguiu restaurar o retablo barroco da súa igrexa, 16 hórreos, eiras e lagares, entre outros elementos do seu patrimonio. Pablo Rodríguez, portavoz do plan veciñal que o fixo posíbel, conta a Nós Diario como tivo lugar a transformación deste recuncho do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. 
Detalle da porta sur da igrexa, ao carón do Sil. (Foto: Paula Vázquez Verao)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: Lobios, a igrexa sen tímpanos da abadesa rebelde

A que hoxe é igrexa parroquial de setenta almas foi noutrora un mosteiro feminino importante do Lemos medieval, casa dunha das abadesas rebeldes á centralización en San Paio de Antealtares de inicios do século XVI. Situada na ribeira dereita do Sil, lindante co territorio do mosteiro de Amandi, a comunidade monástica de Lobios dotouse no século XIII dun templo de formas románicas con elementos góticos e cistercienses que constitúe un dos exemplos de románico tardío máis sobranceiros.
Val do Vilameá (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Val do Vilameá e Mina das Sombras

Unha vez máis, e como tantos outros veráns, contemplamos como ardía impunemente parte da serra do Xurés, un dos espazos galegos que conta con máis figuras de protección: LIC e ZEC Baixa Limia-Serra do Xurés, Parque Natural Baixa Limia, Parque Nacional Peneda-Gerês (en Portugal), Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés e área importante para a herpetofauna española Xurés-Laboreiro.
 
lume
SOCIAL

Os lumes que afectan doce municipios xa arrasaron máis de 7.500 hectáreas

O Executivo galego colabora coa Xunta de Castela e León para controlar un incendio transfronteirizo que afecta ao municipio da Mezquita. A estas horas aínda non trascendeu a superficie queimada na parte afectada no país.
xurés, parque natural, xunta, turismo de galiza
SOCIAL

A alcaldesa de Lobios fala dun "dano ambiental incalculábel" polo incendio do Xurés

O lume no Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés arrasou 2.000 hectáreas forestais. A rexedora comenta que o foco continúa "descontrolado" e é de "dimensións descomunais".
Concentración silenciosa en Lugo decorrida na mañá deste domingo.
SOCIAL

O persoal técnico de incendios converte a súa protesta nun recoñecemento aos tripulantes do avión sinistrado

A protesta que tiñan convocada para este domingo, cando se cumpren oito días da súa folga indefinida, converteuse nun acto de "recoñecemento e condolencias" polo accidente dun hidroavión que participaba onte nos labores de extinción do incendio de Lobios e que provocou a morte dun dos tripulantes e feridas ao outro.
Un hidroavión portugués que traballaba na extinción do incendio de Lobios sofre un accidente [Europa Pres].
SOCIAL

O incendio de Lobios no que faleceu un piloto segue activo e afecta xa a 350 hectáreas

Seguen sen extinguirse outros dous lumes no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, que queiman 80 hectáreas.
 
Ana Pontón no acto do BNG [Arxina].
TRABALLO

Pontón pide unha investigación polo accidente do hidroavión no que morreu un piloto en Lobios

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, manifestou o seu sentido pesar e pediu este sábado unha investigación sobre as causas do accidente dun hidroavión que traballaba para apagar un incendio declarado en Lobios.
Un hidroavión portugués que traballaba na extinción do incendio de Lobios sofre un accidente [Europa Pres].
SOCIAL

Falece un dos feridos no accidente do hidroavión que traballaba no incendio de Lobios

Un dos tripulantes do hidroavión sinistrado cando realizaba labores de extinción no incendio forestal rexistrado en Lobios faleceu.

Incendio en Viana do Bolo [BrifLaza].
SOCIAL

Activos tres novos incendios en Lobios, Navia de Suarna e Lousame

Continúa activo o lume rexistrado na tarde da sexta feira en Toén, que xa afecta a 200 hectáreas. 

Voluntariado do Proxecto Ríos no Grou [Imaxe: Paco Bañobre]
Proxecto Ríos

Descuberta da biodiversidade nas ribeiras do Grou

O XV Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos celébrase cunha descuberta de biodiversidade nas ribeiras do río Grou, en Lobios. Nesta iniciativa organizada desde a Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza as persoas participantes percorren treitos do río para colaborar na realización dunha listaxe sobre as riquezas e a biodiversidade existente na zona.